O escenario itinerante de ‘Cantas ou non?’ instálase esta semana en Santa Comba

0
3

Fran Cañotas e Noelia Rey presentan cada tarde na TVG este concurso de karaoke, onde a música e a diversión son os principais ingredientes

O escenario itinerante de 'Cantas ou non?' instálase esta semana en Santa Comba

Santiago, 24.08.2020.- Despois do seu paso por Ribadavia, ‘Cantas ou non?’ (19.30 h), o concurso musical que emite Televisión de Galicia á tarde, de luns a venres, chega a Santa Comba, onde os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso

Acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, seis concursantes terán que convencer o xurado do programa e o público asistente de que a súa interpretación é a mellor.

Nas vindeiras semanas, o programa visitará as provincias de Lugo e Pontevedra, polo que o programa anima a todas as persoas interesadas en pasar un bo rato a que participen e envíen un vídeo presentándose e cantando a súa canción favorita ao enderezo electrónico ana.fontan@vozaudiovisual.com ou un WhatsApp ao teléfono 687 208 550. Só poden facelo persoas maiores de idade.  

Fuente Crtvg.es