O espazo ‘Cos pés na terra’ trae esta noite historias de esforzo e tesón no rural

0
6

Santiago, 17.08.2020.- Televisión de Galicia ofrece desde este luns dúas entregas de ’Cos Pés na Terra’ (22.00 h), programa onde homes e mulleres demostran que hai futuro máis alá das cidades e amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo. Na primeira emisión, o espazo da TVG viaxa a Boimorto para coñecer a Enrique, un veterinario con tanta paixón polos animais que non dubida en converter a súa casa nunha granxa. ‘Cos Pés na Terra’ tamén acompañará a Sindo e Álvaro, deseñadores de rutas da asociación Galicia Sendeirismo, na realización dunha ruta pola espectacular fraga do Barragán, e comprobará, da man de Juanjo, monitor no Albergue Alvarella, que recuperar tradicións pode ser divertido e que para pasalo ben non importa a idade.

Na seguinte emisión, ‘Cos Pés na Terra’ compartirá un día de traballo con Miguel, un carteiro do rural, e comprobará, da man de José, como se sementan vocacións para que os rapaces que queren ser labregos deixen de estar en perigo de extinción. Por último, na compaña de Jesús, un gandeiro experimentado que sabe ben que a información se agocha nos lugares máis insospeitados, verase que para conseguir bo leite non hai máis segredo que traballar arreo.

Fuente Crtvg.es