O espazo “Galicia Viva” coñece unha curiosa tenda de empeños e realiza unha visita ao balneario de Mondariz

0
13

Santiago, 13.12.2017.-   “Galicia Viva” (19.05 h.) continúa na edición de hoxe ofrecéndolles aos espectadores toda a actualidade posible e as mellores propostas para pasar un tempo divertido e de entretemento.

Hoxe, o espazo estará no Auditorio de Ferrol, onde ao longo da tarde ten lugar a Mostra de Corais. Un equipo de “Galicia Viva” estará con todas elas e fará gozar coa súa música en directo.

Noutra das conexións visitarase o balneario de Mondariz, un lugar único desde o que se ofrecerá algún que outro capricho para este Nadal. Por último, “Galicia Viva” coñecerá en Lugo unha tenda moi curiosa. Un establecemento de empeños en que se verán a ampla variedade de obxectos dos que a xente se desprende.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here