O espazo 'Pensando en Ti' celebra este domingo en Silleda a XV Xuntanza cos seus ouvintes

0
15

Santiago, 07.06.2019.-    ‘Pensando en Ti’, un dos programas máis antigos da Radio Galega e un dos preferidos da audiencia, realizará este domingo 9 de xuño o seu tradicional encontro de final de temporada cos seus ouvintes, que alcanza xa a súa XV edición. Ao igual que ano pasado, ademais da tradicional festa, levarase a cabo a gravación do programa que se emitirá esa mesma noite, entre as 01.00 e as 06.00 h.

O evento terá lugar no recinto ferial da vila de Silleda, no marco da súa Semana Verde, que comezou este xoves. A gravación do programa, presentado e dirixido por Marcial Mouzo, que contará coa colaboración de María Xosé Rodríguez e do humorista Isi, levarase a cabo desde as 11.00 ás 14.00 h. pola mañá e de 16.00 a  18:00  h. na xornada vespertina.

O encontro estará cheo de sorpresas para os verdadeiros protagonistas, o público alí presente, que cada noite ten voz nas ondas da Radio Galega relatando as súas experiencias. A música será unha das grandes protagonistas da xornada, coas actuacións dos artistas Ruth Cundíns, Manuel DeAndrade, Gustavo Almeida, Merchy Treviño e o polifacético Alberto Cunha. A xornada tamén estará amenizada pola orquestra Costa Oeste, o Trío Prata e o grupo Sin Son Ghaiteiros.

No escenario do recinto feiral de Silleda tamén estarán a xefa de Programas da Radio Galega, Tania F. Lombao; o director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, e o monologuista Pepe Capelán. Tamén haberá unha mención especial para tres persoas que contribúen ano tras ano ao éxito da festa: o coordinador de montaxe e servizos, Carlos Pascual; o coordinador de seguridade, Isaac Castro, e o xerente de Travibús Noroeste, Miguel Cuíña.

A xuntanza contará cunha pantalla xigante para darlle todo o protagonismo ao público presente, que a través desa mesma pantalla recibirá os saúdos de Kiko NovoaCristina García e Paco Lodeiro, do ‘Galicia por Diante’, da presentadora do programa da TVG ‘A Revista’, Loli Gómez, e do presentador Xosé Manuel Piñeiro. Ademais, durante a mañá realizaranse conexións en directo co programa ‘A Revista Fin de Semana’.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here