O espazo ‘Veciñ@s’ achégase esta semana aos barrios do Monumento, en Ribeira, e da Valenzá, en Ourense

0
8

A partir das 23:15 h, os  espectadores coñecerán pratos típicos de países coma Ucraína e verán como un grupo de xubilados prepara a súa excursión ao ‘Luar’

O espazo 'Veciñ@s' achégase esta semana aos barrios do Monumento, en Ribeira, e da Valenzá, en Ourense

Santiago.- Veciñ@s é a última estrea da Televisión de Galicia. Cada domingo, no prime time, este programa de entretemento ofreceralles aos espectadores da canle pública galega unha mestura de humor e sentimentos, cun percorrido por aspectos variados da convivencia no ámbito de comunidades de veciños e barrios.

 Esta semana, o espazo da TVG visita o barrio de Monumento, en Ribeira, e mais o da Valenzá, en Ourense. No primeiro, os reporteiros do programa terán ocasión de probar pratos típicos de Ucraína ou do Sáhara, no centro de voluntariado local. Tamén petiscarán unha tapa de orella, rodeados de veteranos mariñeiros.

 Xa na Valenzá, descubrirán que os xubilados locais se preparan para ir de excursión ao programa ‘Luar’ da Televisión de Galicia. Os reporteiros acompañaranos nos preparativos, xa que hai moito que facer antes de subir ao autobús.

Fuente Crtvg.es