O especial ‘Feliz Ano’ dá a benvida a 2020, en directo, na Radio Galega

0
8

Santiago, 31.12.2019.- A Radio Galega ofrecerá unhas propostas moi festivas para celebrar a Noitevella, que darán comezo hoxe, ás 20.30 horas, cunha edición especial do divertido programa ‘Como que non?’. Humor e tolemia sen fin para esta noite, baixo a batuta de Carlos Tresandí.  

A partir das 23.30 horas, María Xosé Rodríguez porase á fronte de ‘Feliz Ano’, o especial Fin de Ano da emisora pública, en directo, que pouco antes da media noite conectará coa retransmisión das badaladas da TVG.

Moncho Lemos e a súa selección musical nunha edición única de ‘Fondos Reservados’ acompañarán aos oíntes desde as 03.00 horas da madrugada.

Na xornada festiva do 1 de xaneiro, o programa ‘Efervesciencia’ ofrecerá ás 20.10 h un especial sobre o mellor do ano na ciencia galega, dirixido por Manuel Vicente. De novo, ‘Fondos Reservados’ será a sintonía da Radio Galega, desde as 22.00 h ata as 01.00 horas, que dará comezo o primeiro ‘Pensando en ti’ do novo ano.

Na foto, María Xosé Rodríguez, quen realizará o especial ‘Feliz Ano’ na Noitevella.

Fuente Crtvg.es