O eurovisivo Blas Cantó pintará esta noite a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ e descubrirá o talento que hai en Galicia

0
20

O actor Antonio Garrido súmase a un show que contará coa actuación de A Banda da Balbina, encargada de versionar a mítica cabeceira do programa nesta temporada

O eurovisivo Blas Cantó pintará esta noite a mona no 'Land Rober Tunai Show' e descubrirá o talento que hai en Galicia

Santiago, 23.09.2021.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ (22.00 h) recibe este xoves o eurovisivo Blas Cantó. O artista vai pintar a mona como o que máis e descubrir o talento que hai en Galicia. Pero vai ter que andar con tino porque a cousa vai de dúos e tríos musicais… E por se con Blas Cantó non había dabondo, ao show sumarase o andaluz máis galego: Antonio Garrido.

Por outro lado, os espectadores presenciarán como o turismo de caravana chega á catedral de Santiago e que está pasando nas lavanderías de autoservizo. O público das casas tamén será protagonista porque volve o ‘Pasa pa’ casa’. O programa entrará nas súas vivendas para adiviñar con quen viven.

O toque musical virá da man de A Banda da Balbina, que será a encargada de versionar a mítica cabeceira do programa nesta temporada. Ademais, no show desta noite non faltarán Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es