O ‘Eventos G’ desta noite asiste esta noite á elección do perfecto sucesor a Pucho Boedo

0
56

Santiago, 12.8.2022.- Pucho Boedo foi, sen lugar a dúbidas, unha das mellores voces que tiveron os escenarios de Galicia. E o listón non está baixo precisamente… Neste ‘Eventos G’ (21.55 h), a Televisión de Galicia ten unha misión: dar co seu sucesor. Non vai ser doado, desde logo… saberá a audiencia que Julio Iglesias ou Miguel Ríos dixeron que, ademais dun supercrack, era un atleta da noite?

Cantos amores houbo na súa vida? Dixeron del que era ‘O Sinatra galego’, un crooner… Pero este especial contará cos mellores aspirantes: un comunicador, un vocalista de sempre, un superactor, un showman e un cantante ben actual! César Romero, Adrián Castiñeiras, Paco Lodeiro, Antonio Barros e Noly. Só un deles será o sucesor de Pucho Boedo. Cantarán acompañados polo mesmísimo Pucho Boedo e logo deberán votar quen o fixo mellor, teñen unha gran responsabilidade. Nas súas mans estará elixir o sucesor, entre os cinco terán que poñerse de acordo.

Dar co novo Pucho vai ser difícil e polémico, e por iso esta noite participará un cantante internacional para presentar o programa, Roi Casal, alguén que sabe o que é triunfar nun escenario e que acompañará a Arturo Fernández. Quen será o sucesor de Pucho Boedo?

Fuente Crtvg.es