O ‘Eventos G’ desta noite busca un digno sucesor para Andrés do Barro

0
32

Santiago, 26.8.2022.-  Quen se atopa detrás de éxitos como ‘O tren’, ‘Corpiño xeitoso’ ou ‘Pandeirada’? Todos os galegos coñecen a figura de Andrés do Barro, un dos artistas máis importantes da historia da música moderna en Galicia. Nado en 1947, en Pontedeume, e falecido en 1989, en Madrid, a súa pegada mantense no tempo. Neste ‘Eventos G’ (21.55 h), farase un repaso da súa traxectoria e da súa vida, e descubriranse datos novos da man das súas cancións e entrevistas, que permitirán coñecer máis a persoa que se agocha detrás do artista.

Esta noite, a Televisión de Galicia, búscalle un herdeiro, un cantante capaz de transmitir o sentimento que transmitía Andrés coas súas cancións, a súa voz e a súa música. O sentimento dunha terra que o viu medrar e dunha lingua en que nunca deixou de cantar, a pesar das trabas que atopou moitas veces no seu camiño. Os aspirantes, Diego Moreira, Diego Barbazán, Vizcaíno, Cristian Álvarez e Manuel de Andrade, todos eles queren ser coma Andrés do Barro! Nas súas mans estará elixir ao sucesor, terán que poñerse de acordo entre os cinco.

Quen será o gañador desta particular competición? O sucesor coñecerase esta noite da man de Alba Mancebo e Arturo Fernández, que mediarán neste concurso e presentarán os segredos que se agochan na vida de Andrés do Barro.

Fuente Crtvg.es