O filme ‘O que arde’, de Oliver Laxe, participado pola TVG, xa é a obra falada en galego máis vista en salas de cine

0
6

Santiago, 25.11.2019.-  ‘O que arde’, película dirixida por Oliver Laxe e producida pola Televisión de Galicia, segue a bater récords, converténdose nunha das producións más importantes dos últimos anos do panorama galego e conseguindo tamén ser a película en lingua galega máis vista en cines da historia.

O filme de Oliver Laxe supera xa os 62.500 espectadores, que o sitúan como o filme en lingua galega con maior número de espectadores en salas, por riba da histórica ‘Sempre Xonxa’ (1989), de Chano Piñeiro, que, segundo os datos do Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais (ICAA) foi vista por un total de 62.203 espectadores. Precisamente, con motivo do seu 30 aniversario, ‘Sempre Xonxa’ poderá verse este xoves, 28 de novembro, nunha sesión cinematográfica especial na G2, en que se emitirá este filme xunto ao documental ‘Sempre Xonxa en Petín’, de Ignacio Vilar.

O éxito nas salas de ‘O que arde’ vén completar o da crítica: recibiu catro premios no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, entre eles a Mellor Filme e Mellor Guión da competición internacional. E en maio xa gañara o premio do xurado na sección ‘Unha certa mirada’ do Festival de Cine de Cannes, onde recibiu tamén un galardón á mellor creación sonora. ‘O que arde’ conta a historia dun pirómano e os motivos polos que prende lume no monte. Rodouse nos Ancares e é a primeira obra en galego a competición no festival francés. 

Fuente Crtvg.es