O fútbol galego e o Cros Venta de Baños centran as propostas deportivas da CRTVG esta fin de semana

0
7

Santiago, 13.12.2019.- O fútbol galego será o gran protagonista das transmisións deportivas da G2 e a web da CRTVG esta fin de semana. O sábado, os partidos de 2ªB coparán as propostas da CRTVG. Así, ás 17.00 horas, ofrecerase o Rácing Ferrol-U. P. Langreo e, ao remate, conectarase co estadio municipal de Pasarón, onde o Pontevedra C. F. recibe ao C. F. Raio Majadahonda (19.00 h).

A xornada deportiva do domingo comezará, ás 11.00 h, tamén co partido de fútbol que o Coruxo F. C. disputará co As Palmas Atl.

Ao remate deste encontro, os medios públicos galegos desprazarán a atención cara á provincia de Palencia, para emitir en directo, a partir das 12.50 h, a 40 edición do Cros Internacional Venta de Baños, todo un referente das probas deportivas de Nadal, considerada unha das mellores probas de campo a través que se celebran no sur de Europa e na que se agarda a participación dun milleiro de atletas. A CRTVG conectará coa saída da categoría feminina absoluta e, á súa finalización, ofrecerá a competición masculina.

Xa pola tarde, volve o fútbol co espazo ‘A Liga das Cidades’ (16.30 horas), que transmitirá o partido de 3ª división entre o Arousa S. C. e o C. D. Barco.

Fuente Crtvg.es