O fútbol sala e o baloncesto abren as retransmisións da fin de semana na Radio Galega

0
0

Santiago, 12.12.2019.- O venres, ás oito e media, Paco Santos dirixe o primeiro ‘Galicia en goles’ coa atención posta en Vista Alegre, onde Andrés Vieites contará o Burela-Palma. Mentres, Roberto Carlos Carballo estará atento ao baloncesto, co Melilla-Ourense en xogo na Liga LEB Ouro.

O sábado, ás tres, Xoán Galán conduce ata as once da noite unha xornada chea de emoción co Ponferradina-Deportivo como o partido da xornada. Ademais, o programa estará na Segunda B co Rácing de Ferrol-Langreo e o Pontevedra-Raio Majadahonda. Os cinco encontros adiantados da Terceira, o fútbol sala feminino e o balonmán completan a oferta.

O domingo, o ‘Galicia en goles’ comeza ás doce do mediodía e rematará ás once da noite. O Celta-Mallorca é o partido que marcará o ritmo en Balaídos, onde a vitoria galega lle permitiría saír dos postos de descenso. O Lugo-Sporting de Xixón, de Segunda, e o Gran Canaria-Obradoiro, de baloncesto, son outros dos eventos dominicais. A partir das oito e media, adestradores e xornalistas debaten no ‘Faladoiro’ dos resultados dos nosos, análise que continuará ás once da noite no ‘Contraataque’. Coma sempre, as dúas emisións de opinión poden seguirse tamén a través do ‘streaming’ Mira RG ‘Galicia en goles’.

A fin de semana ten outros programas deportivos na Radio Galega, todos os sábados. Á unha da tarde, Alfonso Pardo repasará a historia do club de fútbol de Baio, con tradición na Costa da Morte. Ás once da noite, Rodrigo Pérez repasa a última hora do motor no ‘Gas a fondo’. E ás once e media, Toni López García entrevista a regatista Patricia Suárez, que competiu estes días en Nova Zelandia.

Fuente Crtvg.es