O futbolista e tiktoker Miguel Mandayo, convidado esta noite nunha nova gala de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’

0
81

Despois da ausencia a semana pasada, Fátima volve ao concurso e Pili Pampín ao xurado

O futbolista e tiktoker Miguel Mandayo, convidado esta noite nunha nova gala de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'

Santiago, 13.07.2023.-    Os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver esta noite unha nova gala de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (21:55 h), que a semana pasada deu un novo gañador. Desta volta foi Simón O Pérez, quen, despois de competir con Rubén, Miriam e Barbie, superou os seus compañeiros coa interpretación do tema ‘Carolina’, do grupo M-Clan.

Despois da ausencia no anterior programa, Fátima volve hoxe ao concurso e Pili Pampín ao xurado. Para celebralo, o espazo presentado por María Mera contará coa presenza de Miguel Mandayo como convidado. O futbolista e tiktoker pechará a gala xunto a César Romero co divertido tema ‘Pico e pala, meu’.

Fuente Crtvg.es