O ‘Galicia en goles’ comeza o sábado ás 12.45 h co Celta-Leganés, en Balaídos

0
4

Santiago, 20.02.2020. Esta fin de semana, o ‘Galicia en goles’ amplía a súa emisión. A edición do venres, coa análise da xornada, chega á audiencia ás 20:30 horas ata as 23:59 h.

O sábado, o programa adianta o comezo ás 12:45 h coa retransmisión desde Balaídos do Celta-Leganés, decisivo para escapar da zona baixa da Primeira División. Pola tarde, o protagonismo será para o Oviedo-Coruxo, da Segunda División B, e para os nove partidos adiantados da Terceira Galega. As ligas de fútbol sala e balonmán completan a oferta de retransmisións do día.

O domingo, a edición matinal principia ás 11:45 horas co decisivo Lugo-Oviedo, da Segunda División A, desde o Anxo Carro. Ademais dispútanse na Segunda B tres encontros: Atlético B-Pontevedra, Baleares-Racing de Ferrol e Celta B-As Palmas Atlético. Desde as 15:00 h, a sesión de tarde estará centrada no Zaragoza-Deportivo, da Segunda División, desde A Romareda. Tamén haberá información do Compostela-Bouzas, que pecha o calendario de Terceira. A partir 20:30 h, adestradores e xornalistas debaterán no ‘Faladoiro’ e, ás 23:00 horas, a mesa de debate continuará aberta en ‘Ao contraataque’. Os dous espazos de opinión tamén se poden ver en streaming a través da páxina web da Radio Galega na ventá ‘Mira RG’.

O sábado déixanos na programación da Radio Galega outros dous espazos deportivos. Ás 23:00 horas, ‘Gas a fondo’ repasará a actualidade do motor e, ás 23:30 h, Toni López informará no ‘Galicia en Toquio’ dos éxitos dos deportistas galegos que están preparando os próximos Xogos Olímpicos.

Fuente Crtvg.es