O ‘Galicia en Goles’ desta fin de semana virará arredor do baloncesto, o fútbol, o balonmán e o ciclocrós

0
11

Santiago, 10.01.2020.- O ‘Galicia en Goles’ do venres estará dedicado ao baloncesto. Desde as 20:30 hPaco Santos dirixe a retransmisión da última xornada da primeira volta na LEB Ouro, con atención especial aos partidos Ourense-LleidaBreogán-Almansa e Marín-Alacant. No programa tamén estarán pendentes do que suceda no Granada-Basket Coruña.

sábado, desde as 15:00 h, o interese a primeira hora pasará pola Terceira de fútbol cos encontros Polvorín-Paiosaco e Alondras-Somozas, o fútbol xuvenil co Conxo-Ural e o Orillamar-Viveiro, o campionato de España de ciclocrós en Pontevedra e o derbi de balonmán Porriño-Guardés. Logo chegará a ACB de baloncesto, co Obradoiro-Burgos, e as ligas de fútbol sala, en que destacan o Burela-Osasuna, o Parrulo-Peñíscola e o Poio-Burela.

A edición matinal do domingo comeza, ás 11:45 horas, coa retransmisión do partido de Copa entre o Unionistas de Salamanca e o Deportivo da Coruña. Durante a mañá, os oíntes tamén terán información do Celta B-Inter e da segunda xornada do ciclocrós en Pontevedra. A partir das 15:00 h, a Copa seguirá tendo protagonismo co Mérida-Celta no estadio Romano. Os derbis Coruxo-Pontevedra, de Segunda B, e Celta-Deportivo, de xuvenís, son as outras citas destacadas, xunto á Liga de Terceira.

A partir das 20:30 h, adestradores e xornalistas debaten no ‘Faladoiro’, emisión que a audiencia tamén pode ver no ‘Mira RG’, ao igual que a mesa de debate de ‘Ao Contraataque’, que comeza ás 23:00 horas.

O sábado, a Radio Galega ofrece outros tres espazos deportivos. Ás 13:00 h, Alfonso Pardo adica ‘Convivir Deportivo‘ ao xogo da chave. Ás 23:00 h, Rodrigo Pérez repasa a crónica do motor no ‘Gas a fondo‘. Por último, ás 23:30 horas, Toni López continúa o ciclo de entrevistas cos deportistas galegos no ‘Galicia en Toquio’.

Fuente Crtvg.es