O grupo Camela celebra hoxe o seu 25 aniversario cos espectadores de 'Luar'

0
6

Santiago, 14.06.2019.-   O programa ‘Luar’ ofrecerá este venres, como é habitual, unha completa e variada selección musical, en que destaca o lendario grupo Camela, que celebra o seu 25º aniversario cun disco moi especial cargado de artistas convidados. O álbum ‘Rebobinando’ inclúe novas versións dalgunhas das súas cancións máis emblemáticas coas colaboracións de Alaska, Carlos Baute, David Bisbal, Antonio Carmona, Juan Magán e Pitingo, entre outros.

O espazo da TVG tamén contará hoxe coas actuacións da Banda da Balbina, un conxunto musical que percorre as festas cos ritmos e a retranca propios do país, e do Tren da Unha, formación de Laxe que comezou como unha aventura gastronómica e que acabou convertida en grupo revelación da Costa da Morte.

Ademais, polo escenario pasarán a orquestra Foliada, as Pandeireteiras Alxibeiras, Rosendo, o gaiteiro de Rodeiro, o Mariachi Real de Jalisco e a Escola de Baile Brincadeira, que leva máis de 70 anos traballando pola difusión do baile e da música tradicional galega.

O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Patricia Fernández Santana non se despedirá sen ofrecer unha nova edición dos concursos ‘Vai de Baile’, hoxe coa participación das Garatuxas da Fiada e dos Bailaríns do Verdugo, e ‘Recantos’, en que intervirán María do Mar, de Terras de Pontevedra, e Julia Rodrigues, do Miño.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here