O grupo Efecto Mariposa e a artista galega Rosa Cedrón, convidados no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
15

Santiago, 25.09.2021.-   ‘Bamboleo’ (22.45 horas) contará este sábado pola noite coa presenza Rosa Cedrón, a orquestra La Favorita e o grupo de Efecto Mariposa, que acaba de presentar o tema ‘Problema existencial’, un adianto do seu próximo e agardado disco.  

Efecto Mariposa é unha das bandas de referencia no panorama da música pop en España e na súa lista de éxitos figuran temas como ‘Por quererte’, co que gañaron premios internacionais. Este tema forma parte do repertorio que Efecto Mariposa interpretará esta noite en ‘Bamboleo’, no que tamén estará ‘Mi parte emocional’, un dos últimos sinxelos do grupo.
 
Unha artista galega de renome, Rosa Cedrón, será outra das protagonistas do programa. A cantante publica novo disco en solitario, ‘Nómade’, do que se extrae a súa interpretación desta noite.

Coma todas as semanas, en ‘Bamboleo’ haberá tempo para a música de orquestra. Neste caso, a formación convidada é La Favorita. No ‘Dirtidansi’, os espectadores poderán gozar dos espectaculares bailes da parella formada polo lucense Jandro e a valisoletana Yolanda.

No ‘Agora ou Nunca’ cantarán Coral Méndez, que mostrará as súas habilidades musicais co tema ‘A prueba de ti’, de Malú, e José Ángel Candal, que fará o propio co coñecido “Now or never” de Elvis Presley.

‘Corazón en la maleta’, de Luis Fonsi, será o tema que haberá que cantar no karaoke de ‘A Jrileira’. A continuación tocará adiviñar o maior número posible de intérpretes de cancións no tempo establecido.

Na ‘ITV do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar quen dos tres candidatos é a parella do participante en función das súas respostas. Todo isto salpicado cos comentarios máis picantes dos asesores do amor: Isi, Damián, Tamara e Javier Varela.

Fuente Crtvg.es