O humor de 'Malo Será!' chega esta semana desde a Casa da Cultura de Melide, con Manuel Manquiña como convidado

0
11

Santiago, 15.05.2019.-    ‘Malo Será!’, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, ofrecerá hoxe o seu espectáculo desde a Casa da Cultura de Melide, con dúas horas de humor e os mellores cómicos da escena galega, aos que se une como convidado especial o actor Manuel Manquiña.

Neste programa os espectadores asistirán a unha gala de Eurovisión, serán testemuñas dunha verdadeira caza de extraterrestres e ata dunha visita á Administración con algunhas complicacións nos trámites burocráticos. Ademais, acompañarán a terapia de parella a unha muller namorada de si mesma.

Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Carmen Méndez, Santi Romay, Paula Pier e Manuel Manquiña son as actrices e actores cos que poderán gozar esta noite os espectadores da Televisión de Galicia.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here