O humorista Secun de la Rosa e a presentadora Loly Gómez nin imaxinan o que os agarda no ‘Land Rober Tunai Show’

0
6

O cómico meterase na pel de Kiko Rivera para descubrir que lle pasou ao fillo da Pantoja en Padrón

O humorista Secun de la Rosa e a presentadora Loly Gómez nin imaxinan o que os agarda no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 16.01.2020.-  Este xoves as risas están aseguradas coa visita do humorista Secun de la Rosa! O ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h), con Roberto Vilar á fronte, volverá facer das súas, xa que o cómico vai meterse na pel de Kiko Rivera para botar luz sobre o que lle pasou en Padrón ao fillo da Pantoja.

Por se este convidado fose pouco, esta noite haberá outra visita moi especial. Despois de suplicalo a berros, asistirá ao programa a xornalista da TVG Loly Gómez, que se vai enfrontar ao castigo do ‘Land Rober Tunai Show’ no ‘Quen vés sendo!’. A presentadora de ‘A Revista’ terá que adiviñar que historia hai detrás da señora protagonista, así que o espazo xa ten listo o ovo cru con vinagre!

Tamén volve o reto xeracional por excelencia: Xubilados VS Milennials. Quen conseguirá o liderado do xogo que enfronta a grandes e pequenos? E como en cada edición, non faltarán as intervencións humorísticas de David Perdomo e Eva Iglesias ao longo do espectáculo.

Fuente Crtvg.es