O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta noite un dos grandes do humor: Florentino Fernández, ‘Flo’

0
11

Santiago, 05.12.2019.-  Este xoves aterra no ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h) un cómico dos pés á cabeza: o fantástico Florentino Fernández, ‘Flo’. Esta noite, Flo vai experimentar o ritmo frenético do espectáculo da Galega, onde terá que enfrontarse ao reto de ser piloto de probas.

E ollo, porque Flo tamén participará noutra das seccións do programa, en que terá que traballar arreo e darlle voltas á cabeza para adiviñar cal dos participantes é unha estrela en Galicia. Canto saberá o humorista dos famosos de aquí?

O humor, como é costume, será o ingrediente principal ao longo de todo o espazo. Así, haberá, amais, unha nova entrega da problemática de pais e fillos; coñecerase o que acontece cando o rapaz da casa elixe unha profesión sen futuro, como é ladrón de bancos.

Ao carón de Roberto Vilar non faltarán as intervencións de David Perdomo e Eva Iglesias, que farán das súas co público máis entregado e ansioso da televisión.

Fuente Crtvg.es