O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta semana dúas das caras máis queridas das tardes da TVG: as presentadoras Raquel Atanes e Rocío Durán

0
80

Non estarán soas, xa que tamén visita o programa o inimitable Pepe do Seme para facer o seu papel definitivo

O 'Land Rober Tunai Show' recibe esta semana dúas das caras máis queridas das tardes da TVG: as presentadoras Raquel Atanes e Rocío Durán

Santiago, 08.06.2023.-    Este xoves pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ dúas das caras máis queridas das tardes da Televisión de Galicia: as presentadoras Raquel Atanes, do ‘Quen Anda Aí?’, e Rocío Durán, de ‘Hora Galega’. E non veñen soas, porque tamén estará no programa o inimitable Pepe do Seme para facer o seu papel definitivo.

Ademais, esta noite chega unha nova entrega das aventuras de Dosinda, que desta volta é detida nun control de tráfico. Ollo ao que pode pasar aquí! Por se fora pouco, volven as palabriñas máis divertidas, volve o ‘Que me estás contando?’.

Todo isto e moito máis, hoxe con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo a partir das 21.55 horas na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es