O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves o gran showman Santi Rodríguez

0
22

A el unirase o actor Antonio Garrido e os dous participarán en ‘A quen te pareces?’

O 'Land Rober Tunai Show' recibe este xoves o gran showman Santi Rodríguez

Santiago, 24.11.2022.-    Este xoves vén pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h), e ben pintada, un dos showman máis grandes: Santi Rodríguez. A el unirase esta vez Antonio Garrido. Os dous actores van andar finos porque volve ‘A quen te pareces?’. Despois de que o Maluma galego deixara pampos a público e audiencia e fora tema de conversa durante semanas… quen sorprenderá co seu parecido desta volta?

E, como a actualidade manda, o programa da Televisión de Galicia terá hoxe novas sobre Qatar. Ademais, a alcaldesa de Traspazos ten que facerlle unha petición ao pobo. Todo isto, e moito máis, esta noite, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es