O 'Land Rober Tunai Show' vai hoxe rodas coa visita dos pilotos galegos de rally e da cantante Sabela

0
10

Santiago, 13.06.2019.-  O espectáculo televisivo que ofrece cada xoves ‘Land Rober Tunai Show’ arranca máis que nunca motores esta noite coa participación dos irmáns Vallejo, Iván Ares, Víctor Senra e Pedro Burgo. A diversión estará garantida, amais, coa posta a proba dos pilotos galegos de rally do xeito que menos esperan: cun duelo conxunto!

Pero a cousa non irá só de rallys porque tamén acudirá ao espazo da Galega pintar a mona a cantante galega Sabela, quen ao seu paso polo Land Rober vai coñecer a auténtica verbena galega. Ademais, nesta edición volverán ter protagonismo as historias de Casa Dosinda, xa que parece ser que ten algún problema co WIFI.

O show continuará cunha nova entrega de ‘Quen vés sendo?’, onde Roberto Vilar xogará co coñecido presentador Paco Lodeiro. Quen será a señora que visita o programa? Será capaz de librarse o convidado do castigo do Land Rober: ovo cru con vinagre?

E por se todo isto fose pouco, haberá un novo reto para os seguidores do programa. Se os espectadores quedaron coas ganas de ir de algueirada ao ‘Son do Camiño’ ver a Rosalía, deberán estar atentos, xa que é posible de que haxa oportunidades para asistir ao festival. Tamén esta noite unirase ao elenco do programa o humorista David Perdomo.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here