O músico Xabier Díaz, o coreógrafo Poti e a actriz e humorista Lucía Veiga, convidados na edición deste xoves de ‘Land Rober Summertime’

0
9

Entre outros momentos divertidos, os espectadores verán como Josiño, dos Mariscadores, prepara a oposición da Garda Civil

O músico Xabier Díaz, o coreógrafo Poti e a actriz e humorista Lucía Veiga, convidados na edición deste xoves de 'Land Rober Summertime'

Santiago, 28.07.2022.-   O humor con maiúsculas será protagonista un xoves máis na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Land Rober Summertime(23.10 h), unha refrescante oferta coa que os amantes da comedia poden vivir este verán os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes deste programa de referencia na canle pública.

Así, na edición de verán de ‘Land Rober’, entre outros momentos divertidos, os espectadores verán como Josiño, dos Mariscadores, prepara a oposición da Garda Civil, asistirán aos problemas de aforo que se producen nunha discoteca e visitarán unha gardería bancaria.

Os convidados que pasarán esta noite polo programa serán o músico Xabier Díaz, o coreógrafo Poti e a actriz e humorista Lucía Veiga. Todo isto, coa participación, coma sempre, de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas.

Fuente Crtvg.es