O pan, un elemento habitualmente discreto na despensa, adquirirá hoxe todo o protagonismo en 'Larpeiros'

0
7

Santiago, 14.05.2019.-    Os ‘Larpeiros’ da TVG terán hoxe temos un protagonista sobre a mesa: o pan, un elemento discreto na despensa. Falamos de peixes e mariscos, de carnes, de lambetadas…, pero un xantar en Galicia está incompleto se non hai un bo pan, sexa cal sexa a súa forma. E falando de pan, non tardará en saír a escena un dos reis da gastronomía galega: a empanada, da que son moi fans os ‘Larpeiros’. Por suposto, os comensais do programa non esquecen as sopiñas. A quen non lle gusta mollar pan nunha boa salsa?

Leni tomará a iniciativa e proporá facer unha empanada con Merchi, toda unha experta neste asunto. E para facer sopiñas, Benigno sorprenderá cunha gran proposta: ossobuco galego acompañado dun arroz de primavera. Despois de darlle voltas, Merchi fai a súa proposta: unha empanada de millo de polbo e pementos, un manxar que require unhas mans expertas. Remendo a remendo, as dúas cociñeiras irán dando forma á súa obra de arte.

Pola súa parte, Adrián, o ‘larpeiro’ máis viaxeiro marchará ata Pontevedra para facer un pan artesán na compaña do experto Daniel Pampín, que medrou no obradoiro de pan da súa familia.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here