O portal web da CRTVG creceu un 44% en usuarios no mes de agosto

0
6

Xunto coa corporación canaria, a canle galega foi a que experimentou o maior incremento respecto do mes anterior

O portal web da CRTVG creceu un 44% en usuarios no mes de agosto

Santiago, 21.09.2020.-     A CRTVG é a canle autonómica en lingua non castelá que máis medrou de toda a rede de televisións autonómicas englobadas en FORTA no que respecta á súa audiencia dixital no portal web, crtvg.gal. Xunto coa Radio Televisión de Canarias, que lidera o ránking, a Galega foi en agosto a que máis creceu, moi por riba dos datos das outras canles rexionais.

O aumento de visitantes ao portal da Galega, onde se poden seguir as emisións da canle pública en streaming, consultar toda a información da actualidade en g24.gal ou acceder ao catálogo a todo o entretemento e ás series da TVG na sección enserie.gal, foi dun 44% respecto do mes anterior, o que supuxo 468.000 visitantes únicos.

Este é o segundo mellor dato do ano, só superado polo mes de abril (494.000), que coincidiu cos inicios do confinamento pola Covid-19.

Fuente Crtvg.es