O presentador Roberto Leal e o actor Miguel de Lira, xuntos para revolucionar esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’

0
10

Nesta noite de risas aseguradas (22.20 h), tampouco faltarán á cita David Perdomo e Eva Iglesias

O presentador Roberto Leal e o actor Miguel de Lira, xuntos para revolucionar esta noite o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 12.12.2019.-   Os espectadores de ‘Land Rober Tunai Show’ van ter este xoves ración dobre de Rober, xa que o programa recibe a visita dun dos presentadores máis carismáticos: Roberto Leal. Isto vai ser un Rober vs Rober! Por se isto fose pouco, únese ao show un dos actores galegos máis grandes: Miguel de Lira.

A audiencia coñecerá tamén as pericias dun repartidor de supermercado ao que lle gustan as cousas do alleo. Quen mellor para enfundarse nese personaxe que Miguel de Lira? Nesta noite de risas aseguradas, tampouco faltarán á cita David Perdomo e Eva Iglesias.

Fuente Crtvg.es