O primeiro ‘Land Rober Tunai Show’ do ano, con Luís Cepeda e Ana Guerra, bate marca na súa audiencia en redes sociais

0
41

Santiago, 07.01.2020.-  O espazo máis falcatrueiro da Televisión de Galicia, o ‘Land Rober Tunai Show’, acadou un destacado apoio dos espectadores no seu primeiro programa do ano, en que puxo a proba o sentido do humor e as habilidades artísticas dos dous convidados, Luís Cepeda e Ana Guerra, que interviñeron divertidos nos distintos retos e sketchs.

A edición deste xoves non só fixo un fantástico 14,7% de cota media de pantalla, senón que bateu marca na súa audiencia en redes sociais, onde tamén ocupou o cuarto posto dos Trending Topic de España. O programa, en que dous dos ‘triunfitos’ máis queridos foron protagonistas de grandes momentos, acumulou case 20.000 chíos e superou en conversa social os programas da súa faixa.

Líder durante a súa emisión na TVG, ‘Land Rober Tunai Show’ conseguiu en Twitter máis do dobre de audiencia potencial, e case 10 veces máis número de chíos na conversa que a serie ‘Cuéntame como pasó’, a proposta de La1, a seguinte canle cun maior seguimento. É salientable, amais, o impacto que o programa tivo máis alá de Galicia, como é o rexistro de máis de 1.660 chíos producidos desde os Estados Unidos.

Os termos que rodearon o cancelo #LRGuerraCepeda amosaron tamén a diversión e a satisfacción do público nas redes.

Fuente Crtvg.es