O programa ‘Bamboleo’ contará esta semana coas actuacións do cantante Daniel Diges e do grupo Astarot

0
27

Santiago, 21.5.2022.-  ‘Bamboleo’ (22:45 h) chegará esta noite de novo á súa cita na Televisión de Galicia da man de Xosé Manuel Piñeiro. O convidado especial de hoxe é o cantante e actor Daniel Diges, que saltou á fama internacional tras a súa actuación no Festival de Eurovisión no ano 2010 e, posteriormente, polas súas intervencións en concursos de televisión e musicais. Esta noite Diges interpretará varios temas e comentará os seus proxectos.

Unha das formacións de maior renome na verbena galega, a orquestra Olympus, que chega completa e renovada, será a encargada de poñer os ritmos máis festeiros no programa deste sábado.

Polo escenario do ‘Bamboleo’ pasará tamén o grupo Astarot, unha banda que leva 39 anos divulgando o rock en galego e que estará presentando o seu noveno disco: ‘Baixo a luz de Breogán’.

Os participantes do ‘Agora ou nunca’ serán Sofía Muñoz e Ángel Habana, que cantarán os temas ‘Bruises’, de Lewis Capaldi, e, ‘Complicidad’, de Vanesa Martín. No ‘Dirtidansi’, o tempo de baile, a parella de campións de Portugal, Tomás e Mariana, ofrecerá exhibicións de baile deportivo.

Dúas entidades deportivas serán as protagonistas de ‘A jrileira’: o Club Deportivo Caldelas, de Tui, e a Sociedade Deportiva San Lázaro, de Lugo. O equipo gañador conseguirá un premio para sortear entre os seus seguidores.

Finalmente, na ‘ITV do amor’, unha parella de namorados formará equipo con dous colegas para intentar confundir unha persoa de público. Será entón cando os asesores do amor, Isi, Damián, Tamara e Javi Varela, farán gala do seu sentido do humor.

Fuente Crtvg.es