O programa ‘Casamos!’ asiste hoxe á voda de Silvia e Andrés

0
23

Esta parella quere poñerlle o ramo á súa historia de amor cunha celebración pequeniña e íntima, pero chea de emoción

O programa 'Casamos!' asiste hoxe á voda de Silvia e Andrés

Santiago,10.08.2021.-  Silvia e Andrés, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’ (22.30 h), coñecéronse a través da exparella de Silvia. Tras pasar varios anos fóra de Galicia, Andrés volveu á terriña e retomou contacto coas súas amizades, entre elas o que por aquela era mozo de Silvia.

Os tres eran bos amigos ata que Silvia e Andrés comezaron a traballar xuntos. Os momentos a soas cada vez eran máis e iso facía que aumentase a complicidade entre eles. Despois de moitas dúbidas, Silvia decidiu romper co seu mozo e comezar unha relación con Andrés.

Todo era perfecto ata que xuntos decidiron abrir un bar. Os problemas laborais supuxeron tamén problemas na parella, unha situación insostible que a piques estivo de rematar co amor entre estes dous mozos. Pero xuntos conseguiron superar este mal momento e hai 5 meses a súa felicidade viuse colmada coa chegada de Oliver, o seu pequeno.

Agora Silvia e Andrés queren poñerlle a guinda á súa historia de amor cunha voda pequeniña e íntima, pero chea de emoción.

Fuente Crtvg.es