O programa ‘Corremundos’ comparte esta noite o traballo dos queixeiros galegos e holandeses

0
21

Tamén saberá como é o día a día nos viveiros de flores de Róterdam e Goián

O programa 'Corremundos' comparte esta noite o traballo dos queixeiros galegos e holandeses

Santiago, 07.12.2022.-   No programa ‘Corremundos’ (23.10 h) desta semana, que viaxa aos Países Baixos, os espectadores da Televisión de Galicia aprenderán a facer queixo gouda, famoso en todo o planeta. E farano sen procesos industriais, porque visitarán unha granxa onde se elabora de forma tradicional dende hai 100 anos. Por suposto, o programa tamén acompañará un queixeiro galego na súa xornada de traballo. Ata 5.000 litros de leite caben na súa cuba, case nada.

De volta en Holanda, ‘Corremundos’ sairá aos arrabaldes de Róterdam para pasar un día nun dos seus famosos viveiros de flores. E descubrirá que existe vida máis alá dos típicos e tópicos tulipáns. Aínda que, para os que prefiran as camelias, en Goián son especialistas no seu cultivo. Hainas de todos os tipos e cores, xunto con outros 300 tipos de plantas. 

Fuente Crtvg.es