O programa ‘Corremundos’ visita esta semana Finlandia para saber como se traballa a madeira en terras nórdicas, en contraposición a Galicia

0
32

Os espectadores tamén descubrirán por que o sistema educativo finés é un dos máis admirados do mundo

O programa 'Corremundos' visita esta semana Finlandia para saber como se traballa a madeira en terras nórdicas, en contraposición a Galicia

Santiago, 30.11.2022.-    O programa ‘Corremundos’ (23.10 h) amosará este mércores como se traballa a madeira en terras nórdicas, concretamente en Finlandia. O deseño e a fabricación de mobles son tradición alí, así que o espazo da TVG buscará unha carpintería para ver que tal o fan. E como boa materia prima en Galicia non falta, os espectadores verán a que proxectos se enfronta outro artesán do sector nun taller compostelán.
    
De volta en Helsinqui, ‘Corremundos’ pasará o día na escola. A educación constitúe un dos alicerces da sociedade finesa e chegou o momento de saber por que o seu sistema é un dos máis admirados. O programa tamén visitará un colexio en Sigüeiro e investigará todo canto alí fan os alumnos. Cando soe o timbre do final das clases, comprobará se superaron o exame.

Fuente Crtvg.es