O programa ‘Corremundos’ visita esta semana México para ver as diferenzas con respecto a Galicia no exercicio do sacerdocio e na profesión de cociñeiro

0
5

O espazo da TVG (23.15 h) percorrerá cun cura un lote de quilómetros polas estradas de Ourense e mergullarase na gastronomía do país azteca

O programa 'Corremundos' visita esta semana México para ver as diferenzas con respecto a Galicia no exercicio do sacerdocio e na profesión de cociñeiro

Santiago, 23.11.2022.-    A entrega desta semana do programa ‘Corremundos’ comezará co coidado da alma. Porque hai persoas que velan pola saúde do corpo e outras que se ocupan do benestar do espírito. E se o oficio de sacerdote non deixa tempo libre levando unha parroquia, que malabarismos haberá que facer con oito? O espazo da TVG percorrerá hoxe un lote de quilómetros polas estradas de Ourense e tamén comprobará como se exerce o sacerdocio ao outro lado do Atlántico, en México.

Por outro lado, no país azteca, ‘Corremundos’ mergullarase na gastronomía local desde os fogóns dun pequeno restaurante. Comer é doado, pero o esforzo que require a cociña non vale para calquera. Sobre todo, cando se trata de poñer novas propostas sobre a mesa que consigan seducir os padais dos clientes. Un concepto que manexan á perfección en Boqueixón.

Fuente Crtvg.es