O programa da RG ‘Convivir Deportivo’ grava este martes a homenaxe do boxeo galego a Paco Amoedo

0
3

A partir das 16.30 h, Alfonso Pardo reunirá na Casa do Deporte de Vigo varios púxiles que fixeron carreira ás ordes do histórico adestrador, unha institución deste deporte

O programa da RG 'Convivir Deportivo' grava este martes a homenaxe do boxeo galego a Paco Amoedo

Santiago, 20.09.2021.-    A Radio Galega instala este martes o estudio de ‘Convivir Deportivo’ na Casa do Deporte de Vigo. A partir das 16.30 h comeza a gravación do programa, en que o boxeo galego lle rende homenaxe a Paco Amoedo, unha institución deste deporte.

Alfonso Pardo reunirá para este día tan especial a Carlos Miguel, Iván Pozo e Pedro Ferradás, tres púxiles que fixeron carreira ás ordes do histórico adestrador. Tamén participarán o escritor Gómez Fouz, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o responsable de deportes do Concello de Vigo.

O público en xeral poderá asistir en directo, pero por cuestións sanitarias o número de cadeiras queda reducido para un cento de persoas. A emisión deste programa de ‘Convivir Deportivo’ a través da Radio Galega será o sábado 2 de outubro ás 13.00 horas.

Fuente Crtvg.es