O programa da RG ‘Pensando en Ti’ ofrécese esta madrugada en directo desde Becerreá

0
13

Santiago, 12.12.2019.-   A Radio Galega trasládase este xoves a Becerreá co programa ‘Pensando en Ti’, que esta madrugada, de 01.00 a 06.00 h, con Marcial Mouzo e a participación do humorista Isi, estará centrado na realidade de varios concellos da comarca.

Mouzo conversará cos alcaldes de Becerreá, Triacastela, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Navia de Suarna e Baralla e co cura de Santo Tomé de Cervantes. Tamén están convidados a este ‘Pensando en Ti’ especial Benedicta Sánchez, candidata a actriz revelación nos Goya por ‘O que arde’, e Álvaro de Bazal e David, que tamén participan nesta película de Oliver Laxe.

Ademais, o espazo da RG, que terá como artistas convidados a David Vilares e José Carrera, entrevistará a Fe Álvarez, xerente dunha asociación que agrupa todos os concellos dos Ancares, o artesán de Cervantes David Doral, o propietario dunha empresa de castañas, o pastor Julio de Doncos, o contador de historias Arsenio de Becerreá e Luís Pedriña ‘O Molina’, que se criou nunha palloza e canta por Antonio Molina.

Fuente Crtvg.es