O programa ‘É hora de festa’ dará hoxe conta da romaría do Corpiño, en Lalín

0
15

Santiago, 29.06.2022.-    A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite unha nova entrega de ‘É hora de festa’ (22.40 h), un programa fresco e divertido que durante este verán percorrerá unha vintena de celebracións, na súa meirande parte, as citas gastronómicas de máis sona do noso país.

O programa deste mércores estará dedicado á romaría do Corpiño, en Lalín, que, despois de dous anos sen celebrarse debido á pandemia, volveu encherse de multitude de devotos, aínda que o tempo non fora de todo favorable. Como xa é costume, a misa solemne, coa participación do coro da Nosa Señora do Corpiño, e a gran petalada que precede á procesión da Virxe arredor do santuario foron os momentos máis destacados da romaría.

Xa despois dos actos relixiosos, a reporteira Olaya Rivas falou cos asistentes mentres gozaban do polbo, o churrasco ou as rosquillas na carballeira, acompañados da música da banda Vitaluxe.

Fuente Crtvg.es