O programa ‘Incombustibles’ interésase esta noite pola economía das persoas maiores

0
16

A economía prateada, o gasto e o aforro e a situación das pensións son algúns dos aspectos que se tratarán a partir das 23.15 h

O programa 'Incombustibles' interésase esta noite pola economía das persoas maiores

Santiago, 27.112022.-    No programa desta semana do magazine interxeracional ‘Incombustibles’ falarase da economía. Os vellos e as vellas teñen poder adquisitivo? Axudan os maiores coa economía? Que é a economía prateada? É mellor gastar ou aforrar? Como están as pensións? Poden traballar os vellos e as vellas despois de xubilarse?

Desde o humor e a información, Teté Delgado, Manolo Botana e Luísa Veira falarán destas e doutras cuestións relacionadas coa economía nun programa que contará coa presenza da responsable da área de I+D de Balidea, María del Carmen López.

Fuente Crtvg.es