O programa ‘Luar’ contará esta noite coas actuacións de Serafín Zubiri e Adrián Martín, dous exemplos de superación

0
53

Santiago, 21.10.2022.-    Esta noite volverá subir ao escenario de ‘Luar’ (22.00 h) todo un exemplo de superación e de emoción en cada unha das súas interpretacións: o cantante, pianista e compositor Serafín Zubiri, que comezou a súa carreira musical en 1987 e que conta cunha variada e polifacética traxectoria e experiencia profesional, repleta de éxitos e superacións como músico e intérprete.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández recibirá a visita de Adrián Martín, o neno que hai uns anos emocionou a todos co seu talento vocal. A pesar da súa discapacidade, a súa paixón pola música converteuno nun fenómeno musical. Hoxe interpretará cancións do seu último álbum, ‘No me doy por vencido’.

Unha das orquestras máis emblemáticas de Galicia, Los Satélites, encargarase de poñerlle o toque máis festivo a unha velada á que tamén está convidada a compositora e cantante viguesa High Paw, que conta cun persoal estilo de soul, reggae, roots, raggamuffin e letras feministas.

Dentro do cartel de actuacións musicais tamén destaca o grupo de gaitas Coribantes de Buchabade, chegados dende Ponte Caldelas e con máis de 100 compoñentes, e a Agrupación Musical de Goián.

No tempo do concurso ‘Recantos’, esta semana será a quenda de María Barral, representante da comarca Terras da Coruña, e de Patricia Lagarellos, procedente do norte de Portugal.

Fuente Crtvg.es