O programa ‘Na Mente do Asasino’ aborda esta semana o crime do Chucán

0
17

Santiago, 27.10.2020.-    A Televisión de Galicia ofrece este martes unha nova entrega de ‘Na Mente do Asasino’, unha serie documental que afonda nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia, co afán de localizar aqueles procesos mentais que os levaron a cometer os seus delitos e tamén a sucesión de actos e pensamentos que os empurraron cara a un punto de non retorno.

Nesta ocasión, o programa achegarase ao caso do Chucán. Corría o ano 2007. Era un venres pola noite cando José Carnero, un veciño de Sober, marchou ata Ourense para recoller nun club de alterne a muller que viña contratando nos últimos tempos. O corpo sen vida de Pilar Palacios, que recibira un forte traumatismo na cabeza, foi atopado o martes por un familiar e un veciño nas cortes dun José que fuxira. Foi detido preto de Forcarei e levado a xuízo. Un xurado popular decidiu que non había probas suficientes para poder condenalo, pero, tempo despois, José Carnero confesou ser o responsable dos feitos.

Coas intervencións do catedrático de Psicoloxía Criminal Jorge Sobral, do xornalista Carlos Cortés, do garda civil Tomás Pérez e dos avogados María Jesús Tapia e Iván Torres, entre outros, ‘Na Mente do Asasino’ afondará no caso e nos detalles dos feitos.

A continuación, na mesa de debate, participarán expertos de diferentes ámbitos: o fiscal Antonio Roma Valdés, os avogados Jorge Temes e María José Rodríguez e o psicólogo clínico Manuel Fernández.

Fuente Crtvg.es