O programa "Pensando en ti" incorpórase ao servizo "Mira Radio Galega" da CRTVG

0
307

Santiago, 18.05.2017.-  “Mira Radio Galega”, o servizo dos medios públicos para facer visuais os contidos da emisora, amplía este luns a súa emisión co programa “Pensando en ti” da Radio Galega. A través da web da www.crtvg.gal, tanto na sección de directos da portada como na páxina dedicada á emisora radiofónica, os seguidores deste espazo poderán ver en directo a realización do programa nos estudios de San Marcos. Os ouvintes poden acceder en streaming no horario habitual de emisión, de 2.00 a 6.00 h. da madrugada, de luns a venres.

“Mira a Radio Galega” arrancou o pasado mes de marzo co programa “A Tarde” e ampliou, posteriormente, o seu servizo coa recente incorporación de “Somos Quen” e “Galicia en Goles”.

“Pensando en ti”, conducido por Marcial Mouzo, é un dos programas radiofónicos máis escoitados na súa franxa horaria en Galicia, definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes, que comparten en directo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here