O público do ‘Land Rober Tunai Show’ porá esta noite a proba o exxogador de baloncesto Fernando Romay

0
22

Volve un dos xogos máis queridos do programa (22.00 h), os Casquetes, e os espectadores tamén poderán gozar con novas aventuras da familia de mariscadores

O público do 'Land Rober Tunai Show' porá esta noite a proba o exxogador de baloncesto Fernando Romay

Santiago, 13.10.2022.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves un dos grandes, e nunca mellor dito, porque vén pintar a mona o exxogador de baloncesto Fernando Romay, que será posto a proba co público nun show de parecidos razoables. A que famosos se parecerán os seguidores do programa?

Chegan ademais novas aventuras da familia de mariscadores máis divertida e cunha nova inesperada: Josiño vende a casa. E algo lle pasa tamén a Dosinda. Desta vez, a cousa ten que ver coa súa nai.

Por se fose pouco, volve un dos xogos máis queridos do programa, volven os Casquetes. Todo isto e moito máis, esta noite no ‘Land Rober’, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e José Baño

Fuente Crtvg.es