'O que arde', de Oliver Laxe e participada pola Televisión de Galicia, candidata no Festival de San Sebastián

0
3

Santiago, 19.07.2019.- O filme ‘O que arde’, participado pola Televisión de Galicia e dirixido por Oliver Laxe, é unha das obras seleccionadas na Sección Perlak (Perlas) do Festival de San Sebastián. Esta longametraxe que trata o tema dos incendios nos montes galegos opta así a levar o Premio do Público Cidade de Donostia / San Sebastián, outorgado polo voto da audiencia.

O pasado mes de maio, a obra alzouse co premio do xurado na sección oficial ‘Un certain regard’ (‘Unha certa mirada’) no 72º Festival de Cannes, a cita cinematográfica máis prestixiosa e un dos eventos culturais máis mediáticos do mundo. ‘O que arde’ foi o primeiro filme rodado en galego en pasar polo festival francés.

A película reflexiona sobre a problemática dos incendios forestais en Galicia e as relacións veciñais a partir da historia dun pirómano que volve á casa da súa nai despois de pasar polo cárcere. Os protagonistas desta relación entre nai e fillo son Amador Arias e Benedicta Sánchez, que recentemente recibiu unha das Medallas Castelao.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here