O secuestro de Raquel a mans de César pon esta noite ‘Serramoura’ contra as cordas

0
10

Co que ninguén contaba era con que un accidente do coche patrulla alterase o final feliz que agardaban todos e deixase toda a vila sen respiración (22.30 h)

O secuestro de Raquel a mans de César pon esta noite 'Serramoura' contra as cordas

Santiago, 31.05.2020.-   Os espectadores da TVG verán esta noite como o secuestro de Raquel a mans de César, o perigoso asasino en serie que está obsesionado coa irmás Neira, puxo  ‘Serramoura’ contra as cordas. Que o operativo posto en marcha no cuartel non dese con ela nun primeiro momento non foi impedimento para que Raquel conseguise escapar, pero co que ninguén contaba era con que un accidente do coche patrulla alterase o final feliz e deixase toda a vila sen respiración. Que será de Raquel?

Tampouco Teresa o ten doado. A súa participación no secuestro de Raquel non pasou desapercibida para ninguén e, aínda que despois axudou a Evaristo para intentar salvar a nai do seu neto, César deixouna malferida. Conseguirá saír desta?

Fuente Crtvg.es