O swing da orquestra El Combo Dominicano marcará esta noite o ritmo do ‘Land Rober Tunai Show’

0
16

Tamén se unirá ao show (22.00 h) a actriz e presentadora do ‘Luar’ Trisha Fernández

O swing da orquestra El Combo Dominicano marcará esta noite o ritmo do 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 06.10.2022.-    Este xoves vén a pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ unha das orquestras máis queridas, El Combo Dominicano, que estará marcando o ritmo do show desta noite. A esta toleada tamén se unirá a actriz e presentadora do ‘Luar’ Trisha Fernández.

Ademais, no programa desta noite, que contará co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, os espectadores vivirán unha nova aventura dos Piosos, que participan nunha rodaxe un tanto especial. Por se fose pouco, volven as palabriñas máis divertidas e rebuscadas, xa que chega unha nova entrega do ‘Que me estás contando?’.

Fuente Crtvg.es