O venres comeza a xornada de Liga no ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega

0
10

Santiago, 16.11.2019.- O ‘Galicia en goles‘ non para. De martes a xoves emitiu edicións especiais cos sete partidos dos equipos galegos na Copa do Rei de fútbol. Este venres cambia de competición e volve ao formato da Liga coa retransmisión desde Riazor do partido da Segunda División entre o Deportivo e o Tenerife.

O sábado, a partir das 15:00 h, Xoán Galán conduce ata as 23:00 h a cobertura de todos os encontros onde participan os equipos galegos de elite. No fútbol, o Lugo visita o Málaga, na Rosaleda, mentres o Celta B recibe o Castilla en Barreiro. Xóganse, ademais, catro encontros de Terceira. No baloncesto, o Obradoiro xoga no Sar ante o Fuenlabrada e en Lugo hai derbi na Leb Ouro entre o Breogán e o Basket Coruña.

O domingo, a sesión matinal só se vai emitir pola web da Radio Galega, xa que na FM a audiencia terá unha programación especial co sorteo da lotaría de Nadal. O Sanse-Pontevedra, Majadahonda-Coruxo e Las Palmas Atlético-Racing de Ferrol son os partidos protagonistas.

Ás 15:00 h, xa na FM, a edición de tarde centrará os esforzos no Levante-Celta de Primeira, desde o Ciutat de Valéncia. A xornada de Terceira e o ‘Faladoiro‘ completan a oferta dominical. Ás 23:00 h, Toni López presentará a mesa de debate de ‘Ao contraataque‘.

De resto, o sábado ás 13:30 h, Alfonso Pardo ofrece unha nova entrega de ‘Convivir deportivo‘, que esta semana chega á Parada de Sil para presentar o club de montañismo Ribeira Sacra. Ás 23:00 h, Rodrigo Pérez repasará a actualidade do motor en ‘Gas a fondo‘. E ás 23:30 h, Toni López entrevista a atleta viguesa Carmela Cardama.

Fuente Crtvg.es