O vigués Alberto García proclamouse gañador do especial ‘Coma un allo’ polos 500 programas

0
0

Santiago, 11.03.2020.- O ‘Coma un allo’ ten xa campión absoluto. Os tres mellores concursantes da historia do programa, que no seu día chegaron ao límite das 50 emisións, competiron este mércores na TVG en conmemoración dos 500 programas do concurso. O vigués Alberto García, o primeiro concursante da historia do ‘Coma un allo’ en acadar o ‘Allo de ouro, aos 50 programas’, converteuse no gañador desta edición especial e alzouse co prezado título de ‘Listo coma un allo’, tras competir contra os outros dous grandes concursantes, como foron Estevo, de Pontevedra, e máis recentemente Antonio Freire, tamén de Vigo.

O especial 500 programas do ‘Coma un allo’ foi unha edición de infarto, onde Alberto comezou indo último en marcadores e rematou gañando cuns marcadores moi axustados, habendo só 9 puntos de diferencia entre Alberto e Estevo, o terceiro en puntuación. Neste caso, a proba da sección dos persoeiros, ‘Cabezas de allo’ estaba dedicada aos nosos presentadores, María Canosa, Jorge Mira e Bernardo Montaña.  

Fuente Crtvg.es