O xornalista Fernando Ónega e a presentadora Rocío Durán pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ desta semana

0
49

O alcalde de Pazos ten unha medida que anunciar en ‘As mañás de Marilú’, e, ademais, volve o xogo dos parecidos

O xornalista Fernando Ónega e a presentadora Rocío Durán pintarán a mona no 'Land Rober Tunai Show' desta semana

Santiago, 03.11.2022.-    O recoñecido xornalista galego Fernando Ónega vén pintar a mona este xoves ao ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h), que tamén recibirá a visita de Rocío Durán, presentadora do programa da TVG ‘Hora Galega’.

En ‘As mañás de Marilú’, o alcalde de Pazos ten unha medida que anunciar. Con que sorprenderá desta vez? Ademais, esta semana volve o xogo dos parecidos. A que famosos se parece o público do programa? Todo isto e moito máis, hoxe, a partir das 22.00 h, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es