Omar Montes e Ana Mena, dous dos artistas do momento, unen esta noite as súas voces en ‘Bamboleo’

0
19

Santiago, 18.01.2020.-  ‘Bamboleo’ (22.00 h), o programa de entretemento dos sábados á noite na TVG, contará hoxe coa presenza de dúas das voces con máis auxe da música española actual: Omar Montes e Ana Mena, que están a vivir momentos inmellorables a nivel profesional. Cun éxito fulgurante, ela volveuse unha sensación en Italia grazas a temas como ‘Una volta ancora’ e el bateu todos os récords posibles co seu hit ‘Alocao’. Agora uníronse para facer o remix de ‘Como el agua’, unha canción do popular artista á que se sumou a cantante malagueña.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará, ademais, coas actuacións da orquestra Los Satélites e da cantante Carolina Rubirosa. No mundo musical é coñecida principalmente polo seu traballo en The Funkles, a banda que reinventa os Beatles en clave funk, pero agora traballa noutra vertente en solitario máis descoñecida.

No escenario tamén estarán Kelly, interpretando ‘Fue difícil’, de Rodrigo Tapari, e Manuel, co tema ‘Viento del norte’, de Nando Agüeros e Víctor Manuel, ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Dorita e Alba se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Ave María’, de David Bisbal, e ‘Dirtidansi’, en que participará a parella formada por Xurxo e Reyes.

Fuente Crtvg.es