Os 360 graos dos lugares máis representativos da Mariña lucense, ao descoberto esta noite no espazo ‘Un país en 360’

0
8

Estíbaliz Veiga coñecerá as dúas caras de Mondoñedo, visitará a cova da Doncela, en Viveiro, vestirase de indiana en Ribadeo e xogará entre os arcos da praia das Catedrais (22.35 h)

Os 360 graos dos lugares máis representativos da Mariña lucense, ao descoberto esta noite no espazo 'Un país en 360'

Santiago, 16.12.2019.-     ‘Un país en 360’, o primeiro programa da TVG que incorpora o 3D e o 360 nun concepto multiplataforma e que xera pezas para seren vistas en 360 ou en estereoscopía no YouTube da televisión pública, chega esta semana á Mariña lucense. Poñendo os espectadores no centro da acción, realizará un paseo innovador polo seu patrimonio e a súa paisaxe.

Co seu soporte para a cámara 360, Estíbaliz Veiga coñecerá as dúas caras de Mondoñedo: a histórica e a urbana. Ademais, visitará a cova da Doncela, en Viveiro, vestirase de indiana en Ribadeo e xogará entre os arcos da praia das Catedrais, amosando ángulos nunca vistos destes representativos lugares.

Ademais, co obxectivo de facer accesible a riqueza dos espazos naturais e monumentais, persoas con diferentes capacidades dirixirán o voo dun dron que sobrevoará paraxes inaccesibles doutro xeito para o público. Nesta ocasión, ‘Un país en 360’ sobrevoará a Illa Coelleira con Adolfo.

Fuente Crtvg.es