Os 5 programas máis vistos este domingo en Galicia son da TVG

0
3

Santiago, 19.08.2019.-  A TVG foi este domingo a canle máis vista en Galicia. As propostas da Televisión de Galicia, tanto para estar ao tanto da actualidade coma para entretemento, foron do gusto dos espectadores, que outorgaron, amais, os cinco programas de máis audiencia da xornada. Deste xeito, no conxunto do día, a Galega acadou unha cota de 10,8%, e superou a seguinte canle, La1; mentres que no ‘prime time’, a faixa máis importante da xornada, obtivo un 13,5% de ‘share’, o que supuxo 2,2 puntos de diferenza con respecto ao competidor inmediato, Antena 3.

Entre os cinco programas de maior audiencia o domingo en Galicia, sitúase á cabeza o ‘Telexornal Mediodía 14.30’, que contou cunha cota de 27,6% e unha audiencia media de 153.000 espectadores. Ademais, acadou o minuto de ouro, ás 14.55 h., ao chegar aos 179.000 espectadores e obter unha cota de 31,4%, a máis alta do día. O ‘Telexornal Mediodía 15.00’, cos deportes como protagonistas, cun ‘share’ de 24,8% foi o segundo espazo máis visto, seguido da ‘Festa da Empanada’ (19,3%), do ‘Festigaliando’ (18,3%) e do tamén espazo festivo ‘Vaia Troula’ (14,7%).

Na fin de semana, o sábado e o domingo, a TVG volveu repetir o liderado en Galicia, ao acadar unha cota acumulada en ambos os días de 10,6%. Na faixa do ‘prime time’, a Galega tivo unha media dun 12,8% e superou en 2,4 puntos de cota a Antena 3 e a Tele5.

Todos os días liderado da TVG

Cómpre salientar que na ponte festiva, o ‘Telexornal Mediodía 14.30’ foi o programa de maior audiencia en Galicia. É máis, durante toda a semana pasada, salvo o luns que liderou as audiencias outro informativo da TVG, o ‘Galicia Noticias’ (27,4% de cota),  o ‘Telexornal Mediodía 14.30’ foi o espazo que contou cun maior seguimento en cada xornada, entre toda a oferta televisiva que se pode ver en Galicia.  

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here